Revisiones optométricas

Mai 8, 2024

A importancia das revisións optométricas ¿Qué podemos facer polos nosos pacientes?

Acudir ás consultas de optometría coa frecuencia adecuada para cada caso particular é importante para detectar cambios na graduación e así mellorar o confort visual, factor moi importante para a calidade de vida das persoas.

Ocuparémosnos da adaptación, verificación e control das axudas ópticas, as cales inclúen as lentes oftálmicas, as lentes de contacto ou lentillas e as axudas especiais para a baixa visión.

En canto ás lentes oftálmicas hoxe en día temos dispoñibles moitos deseños entre os cales poder elixir en función das necesidades dos nosos pacientes. As lentes monofocais, as lentes progresivas, as lentes ocupacionais (para un entorno de traballo que permiten unha visión cómoda do ordenador e a lectura (distancia intermedia e cercana)... entre outras.

Estas axudas adáptanse dunha forma personalizada para cada paciente en concreto e empregando parámetros adecuados á persoa e a montura que escolla. Por iso o uso de lentes pre-montadas (lentes xa feitas que se adoitan usar para ler) desconsellámolo porque na gran maioría de casos non aportan ao paciente a solución ao seu problema, incluso causan un perxuízo para o seu sistema visual.

É importante en usuarios de lentes que acudan con frecuencia a verificar o axuste apropiado e o correcto estado das lentes.

Solucións para unha visión cómoda e nítida

Hoxe en día, é necesario ter en conta o mundo que nos rodea, ao mesmo tempo que nos centramos no móbil, na tableta e no portátil.

Sempre conectados e en constante movemento, a nova tecnoloxía ofrece unha solución que está á altura do noso estilo de vida ofrecendo unha visión nítida, cómoda e reducindo á súa vez a fatiga visual.

Ofrecemos solucións para cada tipo de paciente segundo a súa idade e necesidade visual grazas a:

  • Lentes con filtro de luz azul para unha maior protección frente a pantallas e dispositivos dixitais.
  • Lentes para Conducción que reducen os deslumbramentos e aumentan o contraste.
  • Lentes Dixitais para unha visión con menos esforzo visual.
  • Lentes Ocupacionais que proporcionan unha visión clara e relaxada en distancias próxima e intermedia.
  • Lentes Progresivas para unha visión nítida a todas as distancias para usuarios con vista cansada ou presbicia.
  • Lentes de contacto.
Galego