Ojo seco

Set 19, 2023

Síndrome do ollo seco. Preciso de bágoas artificiais?

Hoxe en día parece que a todos se nos secan os ollos, sen distinción de idade, e moitas veces parece que temos os ollos máis pesados cando nos levantamos pola mañá.

Entón empezamos a utilizar bágoa artificial, pero… ¿realmente hace falta?

Algunhas persoas ou non producen suficientes bágoas ou as súas bágoas non teñen calidade suficiente como para manter os ollos sans e cómodos. Esta condición é o que se coñece como ollo seco. A produción de bágoas disminúe a medida que envellecemos e é máis frecuente a afección en mulleres, sobre todo despois da menopausia. 

Os novos estilos de vida e certos hábitos moi extendidos, como o uso de pantallas de ordenador, o uso do móbil ata entradas horas da noite e con escasa luz ou a permanencia en ambientes secos (por aire acondicionado ou calefaccións) contribúen a aumentar a incidencia de sequedade ocular, sendo esta un dos motivos máis frecuentes nas consultas.

Cando estamos sentados diante dun ordenador, o noso pestanexo redúcese considerablemente, podemos estar máis de 20'' sen pestanexar. En cada pestanexo fórmase unha capa de película lagrimal que recubre a nosa córnea, protexéndoa dos axentes externos, a estabilidade da película lagrimal cando é de boa calidade está en 11''/12'', é dicir, rómpese deixando a córnea ao descuberto neste tempo. Pero se temos unha película lagrimal pouco estable, o tempo de rotura disminúe considerablemente, de 2 a 5 segundos e iso significa que se estamos sen pestanexar diante dun ordenador máis de 15 segundos a córnea queda exposta e pouco a pouco ao longo do día vaise deshidratando, provocando mala visión sobre todo ao final do día, picor, ollo vermello e sensación de ter arenilla, incrementándose considerablemente se se levan lentes de contacto postas.

E isto xa non é un problema da idade, é un problema que afecta a todos os que están moito tempo con pantallas de ordenador. Por iso, é necesario o uso de bágoas artificiais e ter uns hábitos saudables fronte ás pantallas e coas novas tecnoloxías e nalguns casos é necesario un tratamento para o ollo seco.

Recomendacións para a sequedade ocular

  • En ambientes secos usar un humidificador ou poñer un bol con auga sobre os radiadores para aumentar a humidade do aire.
  • Poñerse lentes curvadas pode reducir a sequedade producida polo vento e o sol.
  • Evitar ambientes secos, moi calefactados, con presencia de vento.
  • Utilizar o tratamento de ollo seco prescrito por un profesional.
  • Se utilizamos lentes de contacto, o tema da sequedade ocular é moi importante tratalo, para poder desfrutar das túas lentillas en calquera actividade. As novas lentes de contacto xa se fabrican con novos materiais biocompatibles que nos permiten sentir os ollos máis cómodos.

Causas máis comúns do ollo seco

O ollo seco pode asociarse con patoloxías (por exemplo o síndrome de Sjögren) ou a efectos secundarios por medicamentos comúns que reducen a secreción lagrimal, por exemplo:

  • Diuréticos para a hipertensión arterial.
  • Beta-bloqueantes para problemas cardíacos ou para a hipertensión arterial.
  • Antihistamínicos para alerxias.
  • Pastillas para axudarte a durmir.
  • Medicación para o estado nervioso.
  • Pastillas para a dor.

Dado que estas medicacións son a miúdo necesarias, a condición de ollo seco deberá de ser tolerada ou tratada con colirios chamados bágoas artificiais.

Síntomas habituais das persoas con ollo seco

  • Ardor ou escozor.
  • Sensación de sequedade.
  • Envermellemento ocular.
  • Malestar.
  • Problemas de visión.
  • Fatiga ocular.
  • Moita sensibilidade á luz.
  • Picazón.
  • Secreción fibrosa.
  • Irritación excesiva co humo e o vento.
  • Lagrimexo excesivo.
  • Molestias co uso de lentes de contacto.

Se as bágoas do ollo responsables de lubricar, non manteñen o ollo suficientemente húmido, este irrítase, incitando a que a glándula que produce as bágoas (glándula lagrimal) libere un gran volume de bágoas e en moitos casos este exceso de bágoas rebosaría dende o ollo. Por iso cando o ollo nos chora demasiado en ocasións é todo o contrario do que creemos, non é porque teñamos moita bágoa senon porque a glándula lagrimal secreta máis pero de peor calidade.

Qué tratamentos hai para o ollo seco?

  • Bágoas artificiais para lubricar o ollo que axudan a mantelo húmido. Se as empregas sen conservantes poden instilar tantas veces como o precises.
  • Bágoas artificiais en xel para poñer pola noite, axudan a rexenerar a córnea desestabilizada durante o día.
  • Paniños de limpeza palpebral para ter a saída das glándulas lagrimales limpa.
  • Antefaces de frío ou calor segundo conveña.
  • En época de alerxia, bágoas que ralenticen o proceso e quiten os síntomas molestos da alerxia.
  • Conservar as bágoas pechando canles de drenaxe, temporal ou permanentemente.
  • Outros coma o soro autólogo, é empregado en oftalmoloxía para o tratamento do ollo seco ou sequedade ocular e para o tratamento das úlceras e erosións corneais.
  • Tamén outros métodos con uso de prescripción médica poden resolver os síntomas ao estimular a produción de lágrima.
  • Moitos centros oftalmolóxicos están creando unidades de ollo seco nas que se utilizan os últimos avances en terapias de ollo seco, coma o Blephex (tamén útil en caso de blefaritis).

Descubre o noso tratamento base para a síndrome do ollo seco

Dende Óptica Ollos, podemos axudar cun tratamento para os ollos secos que mellore o confort xeral, aínda que en casos xa máis moderados ou severos sempre se debe acudir a consulta oftalmolóxica para un diagnóstico e posterior tratamento.

Ese tratamento base para o ollo seco consiste en:

  • Limpeza palpebral (con solucións xabonosas ou paniños).
  • Bágoas en xel.
  • Bágoas artificiais, que tamén poden usarse se o paciente é usuario de lentes de contacto.
  • Baños oculares moi indicados para alérxicos e usuarios de lentes de contacto.
  • Suplementos de ácidos grasos omega-7 que estimulan a secreción da glándula lagrimal e melloran a estabilidade da bágoa.
  • E por suposto, gafas de protección e de sol.

Confía no teu optometrista para un seguemento do teu problema de saúde visual!

Galego