Teu fillo é miope? Isto interésache!
Calcúlase que no 2050 a metade da poboación mundial será miope. Temos que loitar xuntos para evitalo!
Dende Óptica Ollos levamos tempo transmitindo a nosa preocupación por esta pandemia e por tratar aos nenos xunto coa axuda dos pais, educadores e sanitarios. Para controlar a miopía é fundamental atallala cando está comenzando e por ese motivo, é necesario tomar acción canto antes. E o maior risco aparece cando xorde a miopía en nenos pequenos.
Ademáis, a menor idade de aparición as posibilidades de progresión son maiores. A partir de -5.50 dioptrías a miopía comézase a considerar como patolóxica, xa que aumentan os riscos de padecer as enfermidades oculares, como o desprendemento de retina e outras patoloxías. Por este motivo, resulta clave realizar controis anuais en nenos por parte do optometrista ou o oftalmólogo para detectar a miopía tan pronto aparece (ou incluso antes).
Existen diferentes tipos de tratamentos para a miopía:
Non deixes que a miopía creza.
Stop á miopía!
Realizar máis actividades ao aire libre
Pasar máis tempo ao aire libre reduce o risco de desarrollar miopía e a evidencia científica neste punto é incuestionable.
Se tes fillos e consegues que xoguen fora da casa unha media de dúas horas ao día, o risco de desarrollar miopía redúcese ao 20%. Así o revela o estudo CLEERE realizado na Universidade Estatal de Ohio durante 10 anos con máis de 1200 nenos, 633 miopes e 617 no. Hai outros estudos realizados en Australia ou en Asia que confirman que os nenos que están ao aire libre no periodo de recreo sen usar teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos, auméntalles menos a miopía.
E tamén hai evidencia científica de que aumenta menos a miopía en verán que en inverno. Neste caso é un estudo realizado en Dinamarca.
Pero… ¿Por qué aumenta menos a miopía ao estar máis tempo ao aire libre? Non se sabe con 100% de seguridade, pero parece existir unha relación directa coa exposición á luz do sol pois esta luz estimula a produción de dopamina dentro do ollo a través das células amacrinas da retina. E esta dopamina pode ter unha función de bloqueo da señal do alargamento do ollo durante o seu desarrollo.
Pero hai máis factores que poden influír como son que cando estamos en exteriores realizamos menos esforzo de acomodación xa que adoitamos mirar a distancias máis lonxe. Ademáis, durante ese tempo o habitual é que realicemos menos actividades de visión próxima.
Levar a graduación completa todo o día
Levar a correción completa e constante da miopía tanto para a visión de lonxe como de cerca (aínda que se consiga unha boa visión sen gafas en distancias cortas ou intermedias).
Durante anos pensábamos que levar a graduación polo baixo ou incluso prescindir dela cando a miopía era dun grado moi baixo, era unha boa alternativa pero a evidencia científica demostrou xustamente o contrario. Isto supón que é necesario levar sempre a graduación ben axustada (máis nos nenos pequenos) polo que é preciso facer revisións frecuentes.
Se tes miopía debes levar a correción correcta durante todo o día aínda que vexas ben de cerca sen gafas e/ou lentillas.
Distancia e iluminación adecuadas
Canto máis curta sexa a distancia da tarefa que realizamos, máis problemática será para a vista. Evita no posible ver vídeos ou xogar no móbil e cando o fagas trata de facelo a través dun monitor ou mellor incluso nunha televisión
Utilizar una iluminación adecuada es importante. No estés a oscuras viendo la tele o el móvil. Y si cuando vas a estar con la tablet y/o el móvil puedes hacerlo al aire libre mucho mejor.
Evita en lo posible realizar tareas a distancias muy cortas (móvil) y con mala iluminación.
Descansos periódicos para enfocar ao lonxe
Se cando estás facendo actividades continuadas de visión de cerca pasas moito tempo seguido sen enfocar ao lonxe, é máis probable que che poida aumentar a miopía. A menor distancia (móbiles), maior é o risco de problemas visuais.
Por iso é importante realizar paradas curtas cada 20-30 minutos e que durante 20-30 segundos enfoques un obxeto a unha distancia de seis metros (20 pés) ou máis. Esta recomendación ten o nome de «Regra 20-20-20».
Cando se usa esta regra, débese enfocar de lonxe un estímulo pequeno á maior distancia posible (matrícula dun coche aparcado, cartel, etc.). Non deixes a túa vista relaxada e desenfocada.
O risco de aumento de miopía está máis relacionado coa falta de cambio de enfoque de cerca a lonxe que co número de horas que pasamos realizando actividades de visión cerca.
Lentillas blandas
Estas lentes de contacto están baseadas no principio do desenfoque periférico (ao igual que as de orto-k e as gafas para miopía).
Son lentes de materiais similares ás lentillas blandas normais pero con deseños especiais que logran un efecto de desenfoque periférico. Existen diversas alternativas que contan con evidencia científica, aínda que é preciso seguir aumentando o número de estudos e de casos.
Lentes especiais de desenfoque periférico
Control farmatolóxico con gotas de atropina
Esta é outra alternativa de tratamento que tamén ten unha boa evidencia científica. É unha opción válida e simple que require supervisión por parte dun oftalmólogo pero que non consegue uns resultados tan bós coma o uso de lentillas especiais ou gafas para control de miopía.
Pode producir efectos secundarios aínda que non adoita dar problemas.
Tratamentos de miopía combinados
É posible combinar tratamentos e de feito é moi recomendable. O que hai que ter en conta é o seguinte:
- Teñen un efecto sinérxico pero non se suma o efecto de modo alxébrico.
- Os consellos de ergonomía e de hábitos saudables (tratamentos pasivos) deberíanse de recomendar sempre xunto con calquera outro tratamento activo.
- En casos con peor pronóstico (por exemplo un neno pequeno ao que a miopía lle avanza moi rápido), pódense combinar gotas de atropina cun tratamento óptico.
- Sobre os tratamentos combinados non hai todavía unha evidencia robusta e é preciso esperar a coñecer resultados de novos estudos para saber exactamente as mellores combinacións e resultados.
Lentillas de ortoqueratoloxía ou orto-k
Estas lentes de contacto ríxidas permeables ao gas (de uso nocturno) son unha boa opción de control de miopía en nenos e existen múltiples estudos con alta evidencia científica que así o avalan.
Non só axudan a frear o aumento de miopía senon que tamén hai usuarios que prefiren usar este sistema en lugar de utilizar lentillas durante o día (aínda que xa non lles aumente a graduación).
Con esta alternativa de tratamento da miopía está demostrado que se pode conseguir que a miopía suba entre un 40% e un 50% menos que se se empregan gafas ou lentillas sen ser de control de miopía.