Miramos polo medio ambiente?
En Óptica Ollos queremos aportar o noso gran de area para coidar o planeta. Para iso:
- Reciclamos todo o cartón/papel que empregamos.
- Reducimos o emprego de plásticos e reusámolos na medida do posible.
- Empregamos as bolsas transparentes nas que envían as gafas para ordear pequenos encargos.
- Damos aos salóns de peiteado locais as fundas plásticas que protexen as varillas das lentes novas para que se poidan empregar cando a clientela se tiñe (para non manchar as súas) e evitar a utilización de máis plástico ou papel de aluminio para cubrilas.
- Explicamos a importancia de non tirar as lentes de contacto polo lavabo ou WC, promovendo o seu reciclaxe así como os estoxos e as botellas dos líquidos de mantemento.
Aproveitar para axudar, como funciona?
- Os nosos clientes entrégannos as súas lentes antigas.
- Demontámolas e comprobamos que estén en bo estado.
- Desinfección e limpeza das monturas.
- Clasificación das lentes.
- Entrega ás institucións que as requiran.
Desta forma, podemos axudar a quenes o necesitan e contribuír a un mundo máis sostible. Axúdasnos a protexer o noso planeta? Se cres que podemos facer máis, escríbenos!, estaremos encantadas de colaborar.