O 1 de xaneiro de 2023, entrou en vigor a nova ley de tráfico, con varias novidades. Como ópticos-optometristas, dentro da nosa labor sanitaria, social e comunitaria dende a atención primaria visual, debemos informar, educar e concienciar aos condutores sobre a importancia de dispoñer da máis óptima visión para a seguridade vial.
Os elementos compensadores da visión durante a condución son fundamentais, dado que case toda a información que obtén o noso cerebro é a través dos nosos ollos, e do que vemos dependen as nosas decisións ao volante.
Segundo datos recopilados pola DGT, o 30% dos condutores españois (aproximadamente 8 millóns) presenta deficiencias na visión, especialmente miopía ou hipermetropía. A cifra crece ata o 38% cando existe baixa iluminación, por exemplo, cando se conduce pola noite ou con choiva abundante.
Isto pode ocasionar que as persoas non vexan con nitidez señais ou marcas viais e realicen cálculos erróneos con respecto á distancia ou velocidade á que circulan outros vehículos, incrementando o risco de sufrir accidentes. Se eres dos que se atopan nesta situación seguro que sabes a importancia das lentes ou lentillas á hora de conducir: son esenciais para mellorar a visión e evitar accidentes de tráfico.


Moitos condutores descoñecen o feito de se deben levar unha lentes graduadas de reposto no coche. A normativa do regulamento xeral de condutores sinala que os usuarios, ao volante, deben empregar elementos correctos de visión se teñen algún tipo de deficiencia. Aínda que fai anos era obligatorio levar unhas lentes de reposto na guanteira, actualmente a Ley non obriga a elo, pero non deixa de ser algo aconsellable.. Pódese ter un percance durante o traxecto e aínda algo peor, continuar conducindo sen ter unha perfecta visión, poñéndose a sí mesmo e aos seus acompañantes en peligro e ao resto dos usuarios da vía. E agora xorde a pregunta: cómo coñece a Garda Civíl se ten que levar lentes ou lentes de contacto? Se os axentes paran o vehículo nun control rutinario en estrada, ou máis grave aínda, tras sufrir un accidente, solicitaránlle a documentación do vehículo e, por suposto, o carné de conducir. Neste último documento terano fácil. Os códigos que "avisan" á Garda Civíl.
Quizáis non o sepas, ou non te lembres, pero no reverso, no punto 12 (o último), está a clave, aparecendo dous ou catro números.
Estas observacións, indicaránche se tes que levar lentes ou lentes de contacto ao volante.
Se non pon nada, na revisión psicotécnica, cando o condutor renovou o carné, considerouse que non precisaba ningunha corrección.
Código | Subcódigo | Condutor (Causas médicas) |
01 | Corrección e protección da visión: | |
01.01 | Lentes | |
01.02 | Lentes de contacto | |
01.05 | Recubrimento do ollo | |
01.06 | Lentes ou lentes de contacto | |
01.07 | Axuda óptica específica |
Infracción grave e multa de 200 euros
Pode darse o caso de que só teña o subcódigo 01 e vaia con lentes de contacto. Neste caso, como no feito de non levar postas as lentes, considérase unha infracción grave e a multa será de 200 euros. Se se leva a "prescripción" poderá beneficiarse dunha reducción da cuantía ao 50 por cento se se abona antes de 15 días, e non terá pérdida de puntos no carné de conducir. Se só aparece o código 01 indica que se require corrección e protección da visión con algún elemento compensador. Se aparece algún subcódigo que pode inducir a confusión, para evitar sobresaltos o mellor é actualizar os datos na súa documentación.
Deberá facelo nun centro de recoñecemento médico ou psicotécnico que esté homologado pola Dirección Xeral de Tráfico. Se ao realizar a revisión oportuna (cada certo número de anos, en cada caso concreto) che detectan miopía, vista cansada ou calquera defecto visual, inmediatamente o comunicarán para que figure no renovado carné e poida conducir con lentes ou lentes de contacto. Se te pos lentes de contacto despois da renovación debes actualizalo no seu momento para evitar problemas. Algo similar ocorre se te someteches a unha operación para corrixir algunha anomalía da vista, xa que os axentes guiaránse polo que vexan no carné e actuarán en consecuencia.
En calquera caso, é bó que se acompañe dalgún tipo de xustificante ao respecto, ademáis de verificar se compre as adaptacións, restriccións e outras limitacións que indica a normativa.
Máis aló das indicacións da DGT, existen unha serie de recomendacións que son de sentido común. Se tes máis de 45 anos e tes a vista cansada, o máis recomendable, dado o incremento no interior do vehículo de elementos visuais de axudas e soporte á condución, sexa usar lentes progresivas, que lle permitirá ao condutor ver ben de lonxe e, á vez, poder consultar e ver nítido de preto a información, por exemplo, do cadro de mandos. Unhas lentes de sol de alta calidade óptica poden minimizar os deslumbramentos e incrementar o confort visual.
Outro feito importante a ter en conta é que os problemas agudízanse na maior parte dos condutores pola noite, onde a ausencia de luz incrementa a pérdida de visión. Tampouco a iluminación dalguns vehículos facilita moito as cousas. Aínda que pode pasar con calquera disfunción visual, os miopes adoitan notalo máis e perder gran parte da visión precisamente pola noite. Unha baixa capacidade visual limita as percepcións, provocando unha inadecuada visión de sinais e elementos da vía, distraccións e erros de cálculo nas distancias respecto a outros vehículos. Outras veces poden xurdir problemas de cansazo visual e incluso somnolencia, asociados a unha hipermetropía sen compensar. Máis do 80% da información que recibimos chega a través dos nosos ollos e o 90% das decisións que tomamos frente ao volante dependen directamente da nosa visión. Por elo, é recomendable unha revisión visual anual no óptico-optometrista para confirmar que todas as capacidades visuais son adecuadas. Unha evaluación personalizada das condicións visuais que ten cada un é fundamental na seguridade vial.