Lentes ocupacionais

Out 16, 2023

Lentes ocupacionais… ¿son útiles?

Son lentes progresivas deseñadas para unha actividade concreta. Están pensadas para optimizar non só os campos de visión senón tamén as posturas do usuario e como protección específica necesaria para esa actividade á que están destinadas.

Quizáis poidamos pensar que unhas lentes progresivas «convencionais» xa valen para ver a todas as distancias e polo tanto serven para realizar calquera tarefa, e é certo, pero con matices. Vexamos un exemplo que nos axude a entender a súa utilidade.

Pensemos nunha persoa que de vez en cando sale en bicicleta a dar un paseo por camiños ou carreteras con pouco tráfico: necesita unha bicicleta, un casco, algo de roupa deportiva e unhas zapatillas deportivas que lle permitan pedalear e camiñar.

Agora pensemos nun ciclista profesional que sae a adestrar todos os días durante varias horas e compite en carreiras; o seu equipamento cambia considerablemente respecto ao usuario esporádico: para mellorar o seu rendemento vai buscar alixeirar o peso ao máximo, así que tanto a bicicleta como o resto da equipación serán extremadamente lixeiras, o casco estará correctamente ventilado á vez que axudará a disminuir a resistencia ao vento, igual que os tecidos e deseños das súas roupas, e o calzado será especial, moi lixeiro e de sola moi ríxida e cun dispositivo para acoplarse aos pedales e optimizar o pedaleo.

O mesmo ocorre cas lentes progresivas «convencionais» e as ocupacionais. Coas primeiras podemos realizar calquera tarefa ao longo do día, aínda que se estamos 8 horas facendo un traballo específico probablemente terminaremos cansos e con certas molestias físicas; en cambio cas ocupacionais desempeñaremos esa tarefa específica durante máis tempo e máis comodamente, pero fora de ahí non veremos ben a algunha distancia.

Consideremos, pois, as lentes ocupacionais unha ferramenta máis do noso traballo. Con frecuencia, cando falamos de lentes ocupacionais tendemos a pensar en lentes específicas para traballar fronte ao ordenador, pero non son as únicas: hainas para conducir, para realizar deporte...

En resumo, os valores engadidos que nos aportan este tipo de lentes son:

  1. Amplos campos de visión nas actividades para as que están deseñadas.
  2. Melloran a nosa postura, sendo máis natural esta e desaparecendo molestias físicas provocadas por esa mala postura.
  3. Adoitan levar filtros específicos para a actividade desempeñada que reducen a fatiga visual.

Aínda tes dúbidas? Ven a Óptica Ollos e estaremos encantados de solucionar todas as túas dúbidas e orientarte para atopar a mellor solución ao teu caso.

Galego