Categorías das lentes solares
As lentes de sol xogan un papel fundamental, e non só durante o verán, senón tamén durante o resto do ano xa que os raios UV están presentes sempre, aínda que non sempre coa mesma incidencia e intensidade.
Por este motivo, existen diferentes tipos de filtros solares (0, 1, 2, 3 e 4) que nos indican a cantidade de absorción lumínica visible (luminosidade), NON de absorción de radiación.
Todas as lentes de sol de Óptica Ollos teñen un filtro do 100% para a radiación ultravioleta, hainas de todas as categorías de absorción lumínica e tamén dun gran rango de prezos.
Unha lente moi oscura non protexe necesariamente da radiación UV xa que é o material da propia lente o que debe absorber ou repeler a radiación, non o tinte que leva incorporado. Por este motivo, non te deixes enganar polo color das lentes, pois algunhas transparentes filtran o 100% da radiación UV mentres que outras oscuras de baixa calidade non filtran correctamente a luz UVA pero sí a visible, favorecendo que a pupila se dilate e consecuentemente aumente a radiación que reciben os ollos.
Por este motivo, recomendámoste comprar sempre as lentes en ópticas, xa que as lentes non homologadas de bazares e outras tendas non protexen dos raios UV e son moi dañinas, e algo tan delicado como os nosos ollos merecen todo o coidado.
Ademáis, da mesma forma que cada persoa ten o seu propio estilo de vida, as lentes ou filtros solares deben adaptarse a distintas necesidades e condicións. En Óptica Ollos asesorámoste de forma personalizada e cada usuario poderá escoller o tipo de lentes de sol máis adoitado en función das actividades que realice, coidando así a súa saúde ocular.
Non é o mesmo empregar unhas lentes en días nublados que en soleados, na praia que na montaña nin tampouco todas elas están habilitadas para conducir.
A OMS advirte que o deterioro da capa de ozono deixa pasar unha maior cantidade de radiación ultravioleta polo que incrementará o número de casos de cataratas. Actualmente causan máis de 17 millóns de casos de cegueira ao ano no mundo e este é un dos motivos polos que unhas boas lentes de sol están cada vez máis indicadas.
Existen 5 tipos diferentes de filtros solares clasificados segundo a norma ISO 8980-3, en función da menor ou maior capacidade de absorción lumínica que posúan, estando encadradas a maioría nas categorías 2 ou 3:
Categoría 0
Entran neste grupo aquelas lentes moi claras, capaces de absorber de 0% ao 19% de luz. Adoitan ser empregadas sobre todo en interiores, de noite e en exteriores cando existan ceos cubertos. Realmente non son unha protección efectiva, a súa principal función é a estética. Son aptas para a condución en calquera circunstancia.
Categoría 1
Este tipo de filtro é capaz de absorber entre un 20% e un 56% de luz grazas a lentes levemente coloreadas. Empréganse sobre todo en condicións de luminosidade leve (zonas urbanas). Non son aptas para a condución nocturna.
Categoría 2
Os anteollos correspondentes a este grupo caracterízanse por ter unhas lentes medianamente coloreadas, capaces de absorber entre o 57% e o 81% de luz. Adoitan ser empregadas en condicións de luz solar media. Non son aptas para a condución nocturna.
Categoría 3
Grazas ao tinte das súas lentes, o seu uso é óptimo cando existan condicións de luminosidade bastante altas (primavera, verán, praia, montaña e zonas ao aire libre) xa que son capaces de bloquear entre un 82% e un 92% de luz. Non son aptas para a condución nocturna.
Categoría 4
Este tipo de lentes están indicadas para ser empregadas en zonas de alta montaña, esquí ou actividades e deportes acuáticos, onde a incidencia do sol é extrema e na que tamén entra en xogo a reflexión lumínica sobre as superficies (neve ou auga). Debido a que son capaces de absorber ata o 98% da luz, non son válidas para ser empregadas durante a condución tanto nocturna como diurna.
