Que é a catarata?
As cataratas son unha perda de transparencia ou opacificación do cristalino, a lente natural do ollo que se encarga de enfocar a luz e imaxes na retina. Cando un ollo está san, a luz e a imaxe pasan mediante o cristalino á retina, pero cando se padece unha catarata, a retina non recibe a luz suficiente, o que se traduce nunha visión borrosa.
Solucións?
Cando as cataratas están xa moi avanzadas e dificultan a realización normal de actividades cotidiáns, a única solución posible para erradicalas é a cirurxía, pois non existe ningún tratamento farmacolóxico que as retrase ou cure.
Se pola contra, as cataratas están na etapa inicial e non supoñen molestia, debería en primeiro lugar cambiar ou evitar certas conductas nocivas como son fumar ou conducir de noite e implementar outras positivas como protexer de forma efectiva os ollos da luz ultravioleta e adquirir unhas gafas coa graduación adoitada.
Sintomatoloxía
Aínda que existe unha gran variedade de síntomas e poden variar en cada persoa segundo factores como a idade, os hábitos ou a saúde ocular, podemos enumerar os máis comúns:
- Ver halos arredor de focos de luz
- Deslumbramento ou fotofobia
- Ver dobre no ollo afectado polas cataratas
- Decoloración, ou no seu defecto, amarelamento das cores
- Perda de sensibilidade aos relieves e a profundidade
- Visión borrosa ou nublada
- Maior sensibilidade á luz (fotofobia)
- Disminución da visión nocturna
- Cambio frecuente de prescripción de lentes ou lentes de contacto (cambio frecuente de visión)
Cales son as causas das cataratas?
As causas das cataratas son moitas e variadas. O envellecemento é a causa máis común, pois o propio ollo vai dexenerando de forma natural co paso dos anos, sen embargo hai outros factores que propician a súa aparición, como son:
- Medicamentos (corticosteroides, etc.)
- Enfermidades (diabetes, enfermidades renais, etc.)
- Cirurxías intraoculares (desprendemento de retina, glaucoma, etc.)
- Infeccións e inflamacións oculares (uveítis)
- Exposición prolongada á luz solar (UV) ou radiación
- Enfermidades xenéticas
- Traumatismo ocular, entre outros
Cales son os tipos de cataratas?
Catarata relacionada ca idade
Este tipo de catarata tamén pode denominarse catarata senil e como xa explicamos anteriormente está asociada co envellecemento. Pódese dividir en tres tipos, segundo a súa ubicación:
- Catarata subcapsular
- Posterior: a catarata subcapsular posterior atópase diante da cápsula posterior. A situación da catarata subcapsular posterior coincide co eixo óptico e visual do globo ocular. Isto fai que axiña afecte á visión, provocando que se vexan as imaxes distorsionadas. Ao afectar especialmente á visión de preto fai que sexa a máis incapacitante. Os pacientes con este tipo de catarata sofren máis os deslumbramentos por haces de luz e lles molesta máis a luz do sol. Adoitan presentar unha evolución rápida. Este tipo de cataratas adoitan asociarse co uso de corticosteroides sistémicos ou tópicos.
- Anterior: a catarata subcapsular anterior atópase detrás da cápsula anterior. Esta catarata pode estar relacionada con determinadas actividades, especialmente aquelas nas que as personas están expostas a moita calor (por exemplo, vidrieiros).
- Catarata nuclear: nas cataratas nucleares, a opacidade aparece na zona central do cristalino. Este tipo de cataratas asociase principalmente co envellecemento. A medida que avanza, a densidade do cristalino aumenta, inducindo a miopía, podendo en determinados casos " mellorar temporalmente" a visión en cerca. Sen embargo, á larga, o cristalino termina amarelandose e volvéndose máis denso dificultando e nublando a visión. O incremento da pigmentación amarela - e incluso marrón se as cataratas están moi avanzadas - pode dificultar a distinción de tons e cores.
- Catarata cortical: a catarata cortical caracterizase por opacidades brancas en forma de cuña que comezan na periferia do cristalino e se extenden radialmente ata o centro e interfiren no paso da luz polo cristalino. Son bastante comúns en pacientes con diabetes.
Outros tipos
- Catarata conxénita: as cataratas conxénitas poden estar presentes dende o nacemento ou desenvolverse nos primeiros meses de vida. Algunhas están relacionadas con cambios xenéticos e outras débense a enfermidades xestacionais, como a rubeola nas mulleres embarazadas durante os primeiros 3 meses do embarazo. Nas cataratas conxénitas o tratamento é cirúrxico. O diagnóstico e tratamento desta catarata debe ser o máis precoz posible para evitar a ambliopía.
- Catarata traumática: as cataratas traumáticas poden ser causadas por un traumatismo contuso ou perforante. As cataratas poden desenvolverse pouco despois do trauma ou uns meses ou anos despois.